ALCALDÍA

Un minuto de silencio en repulsa á barbarie de ETA

04/12/2008 A praza do Obradoiro acolleu unha concentración silenciosa en lembranza do empresario vasco Ignacio Uria, asasinado por ETA o mércores 3 de decembro. Nela participaron entre outros, a Corporación Municipal, o presidente da Xunta, membros do goberno autonómico e cidadáns anónimos.

Diante de Raxoi, os alí concentrados quixeron expresar a súa repulsa polo asasinato de Ignacio Uria, así como amosar o seu apoio á familia e aos seus amigos e compañeiros. O rigoroso minuto de silencio pechouse cun sentido aplauso.

Encabezaron esta concentración a alcaldesa en funcións, Mar Martín, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, aos que acompañaron, entre outros, varios conselleiros da Xunta, diversos deputados autonómicos, e representantes doutras institucións coma a Federación Galega de Municipios e Provincias, a deputación da Coruña e a Universidade de Santiago.

Compartir: