ALCALDÍA

A Fiscalía dá traslado á Audiencia Nacional para incoar o expediente sobre a Festa da Liberdade

03/12/2008 Despois de que o Concello de Santiago de Compostela puxera en coñecemento da Fiscalía de Santiago a celebración da Festa da Liberdade na Sala Nasa, a Fiscalía considera que as competencias para decidir sobre esta suposta homenaxe a dous terroristas condenados e recentemente postos en liberdade, correspóndenlle á Audiencia Nacional.

Así se recolle nos dous artigos mencionados no informe recibido e que recollemos a continuación:

1º.- O Ministerio Fiscal pode incoar Dilixencias Informativas en aplicación do artigo 5 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal nas condicións establecidas no referido precepto.

2º.- A tenor do disposto no artigo 3.4 do citado Estatuto Orgánico, no artigo 105 da Lei de Enxuizamento Criminal, esta Representación Pública está lexitimada para exercitar as accións penais; así como para determinar a natureza e circunstancias dos feitos, como predica nos artigos 757 e seguintes da Lei procesal sinalada.

A Fiscalía de Santiago dáse por notificada e pon os feitos en coñecemento da fiscalía da Audiencia Nacional.

Compartir: