URBANISMO

Santiago debate sobre as cidades e o urbanismo

03/12/2008 A alcaldesa en funcións, Mar Martín, asistiu hoxe ao acto de inauguración do II Foro internacional cidade, territorio e urbanismo, xunto co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, e a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride. Este encontro, organizado pola Xunta e o COAG, reunirá en Compostela os días 3,4 e 5 decembro a expertos urbanistas e arquitectos de recoñecido prestixo.

A primeira xornada, que se inicia ás 17.30, coa inauguración, acollerá as charlas de Nuno Portas, urbanista e profesor emérito da Universidade de Porto; de Francisco Jarauta, filósofo e profesor da Universidade de Murcia; e Xerardo Estévez, arquitecto e ex alcalde do Concello de Santiago. Este primeiro día de foro finaliza ás 20.00 horas cun coloquio a cargo de Pascual Maragall, economista e ex presidente da Generalitat de Cataluña, e moderado polo director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje.

As seguintes xornadas contarán coa presenza de autoridades na materia como o exeñeiro Carlos Nárdiz, o biólogo Juan Freire, o urbanista Andreas Faludi, ou o xeógrafo Stephen Graham.

A asistencia é de balde para a primera xornada, sen embargo os que queiras asistir o resto dos días precisarán formalizar inscrición na web www.citur.org.

Compartir: