CENTROS SOCIOCULTURAIS

Teatro e música en Conxo

27/11/2008 A Concellaría de Centros Socioculturais organiza dúas actuacións especiais no barrio de Conxo: unha obra de teatro o sábado 29 e un concerto da Real Filharmonía de Galicia o domingo día 30.

A primeira cita terá lugar o sábado 29, ás 20:00 horas, no propio Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo. Será unha representación teatral que correrá a cargo da compañía de teatro afeccionado Amulus, formada pola Asociación de Mulleres Lúdicas de Santiago. A recibe o título de A sopa boba.

O domingo 30, os veciños poderán desfrutar dun concerto da Real Filharmonía de Galicia na Igrexa da Merced de Conxo ás 18:30 horas. O programa da actuación comprende obras de Mozart, Tchaikovsky e Piazzolla.

Compartir: