MULLER

Un alumno e 4º de secundaria do IES Rosalía de Castro gaña o VIII Concurso "Educando na Convivencia en igualdade"

25/11/2008 A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presidiu o acto de entrega dos premios do concurso "Educando na convivencia en igualdade". Este certame ten como obxectivo achegar mensaxes de sensibilización ao ámbito educativo, porque do mesmo debe partir unha auténtica política de prevención e de educación en valores e na igualdade. Presentáronse 49 traballos.

O concurso está dirixido ao alumnado do 2º ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria e ten como lema "A miña visión sobre a violencia de xénero". Nesta edición o cartel gañador foi realizado por Andrés Peleteiro Raíndo, de 4º de ESO do IES Rosalía de Castro. En segundo lugar quedou Marisa Áurea Pet Pazos, tamén de 4º de ESO e do mesmo instituto.

O xurado tamén declarou finalistas a Xiana Raposo Díez, Marta Otero Rodríguez, Cristian García-Santamarina Liñeira e Miguel Andraos Sande, todos eles de 4º de ESO do IES Rosalía de Castro.

As alumnas e os alumnos, a través dun cartel e dun texto explicativo, tiñan que amosar a súa visión sobre a violencia de xénero. Todos estes traballos estarán expostos ata o 5 de decembro no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche.

Compartir: