CONSORCIO

A Comisión Executiva do Consorcio aproba o proxecto de orzamentos do organismo

25/11/2008 A Comisión Executiva do Consorcio, presidida polo Alcalde e presidente da entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou o proxecto de orzamentos do organismo interadministrativo para o ano 2009. Este proxecto será sometido á consideración do Consello de Administración en vindeiras datas.

Na reunión tamén se acordou a concesión e pago dunha subvención de rehabilitación de edificios e vivendas por importe de 10.290 euros; dúas subvencións de rehabilitación de locais comerciais por 12.925 euros; unha subvención inicial de rehabilitación de mantemento de edificios por importe de 9.597 euros; e outra definitiva de mantemento de edificios por valor de 4.425 euros. En total, cinco obras de rehabilitación que acadan a cifra de 27.024 euros. A aprobación destes expedientes queda condicionada á aprobación pola Xunta de Goberno Local do Concello.

Ademais, aprobouse unha ampliación do prazo de execución do proxecto de intervención no espazo público da praza de San Esteban de San Salvador, que acadou en 2007 o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, convocado polo Consorcio.

Compartir: