ALCALDÍA

Santiago, parada obrigada nos circuítos culturais do Imserso en Galicia

24/11/2008 A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera; a directora xeral do Imserso, Pilar Rodríguez, e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentaron no Hostal dos Reis Católicos a temporada 2008-2009 do Programa de Vacacións para Persoas Maiores do Imserso. Desenvolverase ata o mes de xuño e beneficiará a un millón de persoas maiores.

O Ministerio escolleu Santiago para a presentación deste Programa porque aumentan as prazas dispoñibles para os galegos, ao tempo que medran as viaxes a Galicia ofrecidas. As persoas maiores da Comunidade Autónoma disporán de 78.305 prazas. Galicia será o destino de tres circuítos culturais que atraerán a 13.100 persoas de toda España. E dentro deses circuítos culturais, Santiago ocupa un lugar prioritario.

Ao acto de presentación asistiron persoas maiores de diversos lugares de España, que precisamente están de paso en Galicia facendo os devanditos circuítos culturais. O alcalde desexoulles a todos unha feliz estanza na cidade.

Compartir: