ALCALDÍA

Colaboración galega coa comunidade hemofílica de Perú

21/11/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos alcaldes das municipalidades de Lince, Martín Príncipe, e de Surquillo, Gustavo Sierra, situadas en Lima, Perú). Estes rexedores municipais están en Santiago para estabelecer programas de cooperación coa Asociación Galega de Hemofilia.

Os dous alcaldes, acompañados de representantes da Asociación Galega de Hemofilia, explicáronlle a Sánchez Bugallo os detalles deste proxecto de cooperación, grazas ao que se apoiará aos hemofílicos peruanos e ás súas familias. Trátase tamén de fortalecer a rede asociativa deste colectivo no seu país para favorecer o desenvolvemento da comunidade hemofílica de Perú.

O obxectivo desta visita é transferir coñecementos e amosarlles aos representantes alcaldes peruanos as políticas públicas de sanidade e saúde que se desenvolven en Galicia, así como as actuacións municipais neste campo.

Compartir: