XUVENTUDE

O Ciclo Importa trae a Gogol Bordello a Santiago

20/11/2008 O xoves 11 de decembro actuará na Sala Capitol o grupo de gypsy punk Gogol Bordello, nun dos únicos tres concertos que darán en España. Trátase do segundo concerto do recentemente aberto Ciclo Importa, impulsado pola Concellería de Xuventude en colaboración coa promotora SwetNocturna. Os belgas dEUS abriron este programa cunha exitosa actuación o 23 de outubro.

Só Santiago, Barcelona, Madrid e Bilbao serán as cidades por onde pasará este grupo. Rock romaní combativo para fans de Manu Chao, The Clash, Emir Kusturica, etc. As entradas teñen un prezo de 20 euros en anticipada a través de www.servinova.com, do teléfono 902 504 500 e das seguintes tendas de discos: Elepé en Vigo, Noni’s na Coruña, Gong e A Reixa en Santiago de Compostela. En taquilla o prezo será de 23 euros e como teloneiros actuará Che Sudaka.

Gogol Bordello é un grupo de gypsy punk del Lower East Side of New York City formado en 1999. Un dos seus sinais más característicos son os seus frenéticos directos, e outro a súa son inspirada na música balcánica. A maior parte dos seus membros son inmigrantes de Europa do Leste e o grupo utiliza sons de acordeón e violín e, nalgúns dos seus discos, saxofón e música de cabaret, punk e dub.

A formación volve a España tras un verán no que foi un dos grupos más solicitados polos grandes festivais e onde amosaron porque se fala tanto do seu poderoso directo. Quen os viu sabe da festa que espera a todos os asistentes: nove músicos, bailarinas, escenografía e sobre todo moita taranta gipsy punk music.

Compartir: