ALCALDÍA

Os proxectos da cooperación galega no exterior, recollidos nunha exposición itinerante

19/11/2008 "Achégate! é o título dunha exposición itinerante que amosa os proxectos levados a cabo no Sur pola Cooperación Galega. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mostra no seu paso por Santiago, acompañado pola directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta, Fabiola Sotelo.

A exposición conta con máis de 20 paneis que amosan, con testemuños persoais e gráficos, o labor desenvolvido pola Cooperación Galega. A plataforma móbil da exposición dispón no seu interior dunha superficie de 70 metros cadrados onde se distribúen unha exposición gráfica de 80 imaxes, e unha sala para actividades infantís e reunións informativas.

Sobresae un panel que sitúa nun mapamundi as zonas de traballo na América Central, Sudamérica, Caribe e África lusófona, que son a zonas prioritarias de actividade. Esta exposición visitará máis de 60 concellos galegos.

Compartir: