CULTURA

O papel da comunicación nas cidades, a debate en Santiago

14/11/2008 O IV Foro da Cidadanía e a Comunicación reúnese en Santiago do 13 ao 15 de novembro, para por en común métodos e experiencias que sirvan para comprender as actividades comunicativas nas cidades galegas e do norte de Portugal. O programa do Foro incluía unha visita ao Concello, onde foron recibidos pola concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e parte da Corporación municipal.

Este IV Foro inclúe diversas conferencias e mesas redondas. Nas mesmas proponse revisar o papel da comunicación a partir de problemas como a exclusión da cidadanía do acceso a servizos esenciais, da necesidade dun espazo público onde comunicarse, da constante provocación das mensaxes hostís que emite a cidade ou dos problemas de gobernabilidade e da ausencia da participación cidadá.

Compartir: