DEPORTES

Atletismo campo a través no parque Eugenio Granell

12/11/2008 A Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación de Santiago organiza en colaboración coa Concellería de Deportes o I Trofeo escolar de atletismo campo a través "Cidade de Santiago". Celebrarase en dúas xornadas, o 15 e o 29 de novembro no parque Eugenio Granell (Restollal).

Neste trofeo poden participar todos os clubs, equipos, asociacións, centros, entidades ou deportistas a nivel individual que o desexen, sexa cal sexa a súa procedencia, e cuxas datas de nacemento estean comprendidas entre 1993 e 2001 (de benxamíns a cadetes).

A competición servirá tamén como preparación para as probas clasificatorias de campo a través escolar que organiza a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que terán lugar os sábados 13 de decembro (fase local) e 24 de xaneiro de 2009 (fase comarcal) no mesmo escenario.

Para poder participar cómpre enviar as inscricións ao correo electrónico inscricionsFGAsantiag@gmail.com ou ao número de fax 981 191 559. O prazo de inscrición rematará o xoves anterior a cada xornada ás 24:00 horas.

Máis información na web www.atletismogalego.org

Compartir: