ALCALDÍA

O Concello colaborará coa Asociación Fuco Buxán nun acto solidario en solidariedade con Cuba

03/11/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á Asociación Cultural Fuco Buxán. Os seus representantes presentáronlle o seu proxecto para xuntar fondos destinados a axuda urxente para Cuba.

Sánchez Bugallo explicoulles aos integrantes da Asociación que Santiago de Compostela ten unha liña de axuda directa con Santiago de Cuba, canalizada a través do Fondo Galego de Cooperación. Ademais, comprometeuse a colaborar na coordinación do proxecto presentado e a mercar unha serie de entradas no acto solidario a prol de Cuba que a Asociación está a preparar. Na xuntanza participou tamén a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín.

Compartir: