EMPREGO

Os cursos FIP impartidos pola Concellaría de Promoción Económica remantan con 30 insercións laborais

28/10/2008 Ata 30 persoas das 99 que cursaron o Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) impartido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo accederon ao mercado laboral, o que representa o 30% do total.

En Fontanaría e Instalador/a de sistemas de enerxía solar térmica, houbo, en cada unha das especialidades, seis insercións laborais. En Carpintaría cinco persoas atoparon traballo. O mesmo que en Xardinaría e Electricista de edificios. En Canteiría, foron tres as persoas que accederon ao mercado laboral.

Outras 41 persoas, oito en Instalador/a de sistemas de enerxía solar térmica, oito en Xardinaría, sete en Fontanaría, e seis en cada unha das demais especialidades, realizan ou realizaron prácticas nalgunha empresa en actividades relacionadas coa formación recibida. Neste momento só quedan por rematar as prácticas do curso de Canteiría, que está previsto que finalicen o 31 de outubro.

Estes seis cursos do Plan FIP, homologados pola Xunta de Galicia, desenvolveunos a Concellaría no Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns. Cofinanciados pola Consellería de Traballo e polo Fondo Social Europeo, forman a técnicos en especialidades con demanda no mercado de traballo, polo que son unha boa oportunidade para insertarse laboralmente. En total, as seis especialidades sumaron un total de 3.100 horas lectivas.

Compartir: