TURISMO

Corenta e cinco curtametraxes serán proxectadas no festival CurtoCircuíto'05

22/09/2005 Santiago acollerá a sección oficial do Festival CurtoCircuito’05 que se celebrará entre os días 18 e 22 de outubro.

Na sección oficial do festival proxectaranse corenta e cinco curtametraxes das duascentas oitenta e cinco recibidas, das que sesenta son extranxeiras.

A procedencia das curtas é moi variada e comprende dende Estados Unidos e Chile ata a India pasando por diferentes países europeos como Finlandia. O concelleiro de turismo, Francisco Candela, salientou a alta participación de países latinoamericanos. Dende o Concello pretendíase que este certame tivera dimensións internacionais, polo que este obxectivo foi cumprido satisfactoriamente.

Durante a sección oficial de CurtoCircuíto’05 entregarase o premio outorgado polo público na celebración de "CurtoCircuito na rúa" que recaeu na curtametraxe "Binta y la gran idea", do director Javier Fresse.

Así mesmo, o concelleiro de Turismo presentou unha guía de producción e localización para facilitar a organización de rodaxes na cidade. Esta guía elaborouse conxuntamente con outras cidades europeas como San Saebastián, Salamanca, Oporto, Venecia e Tesalónica. Con esta guía preténdese facilitar a labor das produtoras xa que entre agosto de 2004 e setembro de 2005 realizáronse en Compostela un total de corenta e tres produccións fronte ás vinte e unha do exercicio anterior. Candela destacou a reportaxe gráfica realizado pola empresa Mercedes Benz que ten como escenario distintos puntos da cidade como a Dársena de Xoan XXIII.

Televisión Española está a grabar na cidade un documental sobre a escritora Luisa Castro, titulado "Ésta es mi tierra". Proximamente tamén se gravará unha cortometraxe agloitaliano. No mes de outubro está previsto que se comence a rodaxe dunha producción austríaca que levará o nome de "Tres hermanos".

Por outra banda, Santiago de Compostela foi o escenario escollido para a presentación da película "El desenlace", de Juan Pinzás, largometraxe rodado este ano na cidade.

Francisco Candela anunciou tamén que a oficina de Film Commsion de Santiago foi elexida para ocupar o posto da vicepresidencia da Spain Film Commision.

Compartir: