CONSUMO

A OMIC edita un tríptico para informar aos composteláns sobre o comercio en liña

21/09/2005 A Concelleira de Sanidade e Consumo, Elvira Cienfuegos, presentou unha nova campaña de información sobre o comercio electrónico que vén de poñer en marcha a OMIC.

Dende o Concello e a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) preténdese informar aos cidadáns de Compostela dos seus dereitos antes, durante e despois da compra por Internet. Para difundir esta información repartiranse 20.000 exemplares dun tríptico informativo a asociacións de veciños, centros socioculturais e domicilios.

Os folletos que se repartirán desde a OMIC pretenden dar unha idea xeral sobre o comercio electrónico, ou o que é o mesmo, a venda de produtos a través da Rede. Así, nos trípticos recóllese o artigo 22 da Lei reguladora desta modalidade de venda ata como debe ser un contrato electrónico, os dereitos do comprador, a onde acudir para presentar unha reclamación e un pequeno apéndice, entre outras referencias ao comercio-e.

Compartir: