ALCALDÍA

A directora da Fundación Araguaney preséntalle ao alcalde a memoria de actividades da institución

24/09/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á directora da Fundación Araguaney, Ángeles Blanco. Esta presentoulle a memoria de actividades da institución e anuncioulle as súas próximas iniciativas.

A Fundación Araguaney centra o seu labor en promover a interacción entre as diferentes culturas, fundamentalmente entre a española, a hispanoamericana e a árabe. Organiza diversas actividades en forma de conferencias, exposicións, ou cursos, entre outras. Ademais, leva adiante o Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal, que na súa sexta edición celebrarase do 25 ao 31 de outubro.

Compartir: