ALCALDÍA

Stephen Hawking recibirá o pergameo de Visitante Ilustre do Concello

19/09/2008 O luns 22 de setembro comezan os actos previstos no marco da visita de Stephen Hawking a Santiago. En primeiro lugar, ás 16:30 horas, o científico británico achegarase ata o Parque de San Lázaro, ubicado a carón do Palacio de Congresos, onde descubrirá unha placa conmemorativa da súa visita. O acto estará presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

A continuación, sobre as 17:30 horas, o rexedor recibirá a Stephen Hawking no centro da Praza do Obradoiro. Alí, no remate do Camiño de Santiago, entregaralle o pergameo que acredita ao científico como Visitante Ilustre da Cidade.

Para rematar a xornada, está previsto que Stephen Hawking visite a Catedral de Santiago.

Compartir: