MEDIO AMBIENTE

Adxudicadas as obras de rexeneración do Monte de Dios

16/09/2008 O Goberno local adxudicou definitivamente as obras incluídas no proxecto de rexeneración do Monte de Dios. Ratificouse así unha contratación que permitirá a recuperación do contorno deste ámbito, coa rexeneración da vexetación autóctona e a corrección dos impactos causados polo trazado e pola integración de infraestruturas.

Investiranse 131.522 euros nunha actuación que porá en valor os elementos etnográficos e culturais relacionados co aproveitamento da auga. Ademais, crearanse infraestruturas para facilitar o sendeirismo e a observación dende un dos mellores miradoiros que ten a cidade.

No ámbito do Medio Ambiente, a Xunta de Goberno adxudicou tamén provisionalmente a Aspas Emprego o servizo de conservación e mantemento do parque de Brandía, por importe de 64.032 euros e un período dun ano.

Compartir: