UMAD

Santiago acollerá unhas xornadas municipais sobre prevención de dogrodependencias os días 10 e 11 de outubro

16/09/2008 A Xunta de Goberno local deu conta da celebración, os días 10 e 11 de outubro, no Palacio de Congresos e Exposicións, das Xornadas Municipais sobre Prevención de Drogodependencias, organizadas pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Estas xornadas pretenden difundir os avances que se están a producir en España no campo da prevención do uso e abuso de drogas entre a xente nova.

As xornadas enmárcanse no convenio de colaboración subscrito entre o Ministerio de Sanidade e Consumo e a Federación Española de Municipios e Provincias. Incluíran varios relatorios e unha mesa redonda.

Outras actividades da UMAD ratificada polo Goberno local son as do Programa de Diminución do Dano, cun custo de 4.635 euros. Esta iniciativa establece estratexias de redución de danos asociados ao consumo de drogas. Inclúe accións individuais e colectivas encamiñadas a diminuír os efectos negativos sobra a saúde e a unha mellora da calidade de vida.

Finalmente, adxudicouse á Universidade de Santiago a realización do proxecto Karen por un orzamento de 10.000 euros, con cargo ao convenio asinado entre Caixa Galicia e o Concello. Esta novidosa iniciativa céntrase na análise da vida recreativa en Santiago de Compostela, do estado da situación actual e propostas para previr os factores e das condutas de risco asociadas á mesma.

Compartir: