CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural da Rocha celebra a súa IV Semana Cultural

15/09/2008 O martes 16 de setembro, ás 20:00 horas, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García, participará na inauguración da IV Semana Cultural do Centro Sociocultural da Rocha coa presentación da exposición de óleos O pousar da mirada, de Lucia Dubra, e coa posterior actuación do cantautor Héctor Lorenzo.

Xa na tarde do mércores 17 terá lugar, ás 17:00 horas, un obradoiro de manualidades para nenas e nenos e comezarán tamén as sesións de Mundos virtuais para nenas e nenos na Aula de informática, unha actividade que comezará ás 18:30 horas e que se repetirá no xoves 18 e no venres 19.

Ás 20:00 horas do mércores e do xoves será a quenda dos Cinemas Dixitais coa proxección do documental Os satelites e a curta Lobos sucios, no primeiro día, e do documental Bandoleiros ou guerrilleiros na segunda xornada. A programación do xoves completarase con cine infantil a principios da tarde e cun obradoiro de cestería a media tarde. Tamén o venres será o día doutros dous obradoiros, de Risotoreapia ás 18:00 horas e de Cociña ás 20:00 horas.

O sábado 20 finalizará a semana cunha sesión de contacontos por conta de Trinke, Trinke, ás 18:00 horas, e inmediatamente despois un obradoiro de cociña para finalizar a xornada.

Vinculada a esta programación, pero o sábado 27, celebrarase o campionato de chave e a sardiñada con actuación musical que organiza o CSC da Rocha en colaboración coa AVV Serafín Zas e a AC Rocha Forte.

Documentos relacionados



Compartir: