CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo celebra a súa XXIII Semana cultural

09/09/2008 O día 9 comeza a XXIII Semana Cultural do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre do barrio de Conxo. A primeira actividade desenvolverase xa ás 17:00 h. consistindo nun taller de deseño de camisetas. Posteriormente, ás 20:00 h, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García, participará na inauguración da XXIII Semana Cultural coa presentación da exposición CX en imaxes, e coa posterior actuación dos grupos de pandereteiras Brincadeira e de Conxo

A xornada rematará cunha proxección de cine ao aire libre na praza de Conxo. Durante toda a semana as actividades continuarán sendo de todo tipo e moi variadas. Así o mércores realizarase unha excursión a Outeiro de Rei, proxectarase un documental e incluso se poderá participar nun taller de infusións.

O xoves continuarán os campionatos de cartas, dardos e tenis de mesa e comezará o de fútbol 3x3. Nese mesmo día haberá varias actuacións musicais e voltará o cinema ao aire libre. Xa o venres a Aula de informática continuará coa súa programación e organizaranse tres orixinais obradoiros, un para aprender a realizar o mantemento dunha bicicleta, outro para aprender a facer perfumes e un dedicado ao hip-hop e o break.

O Sábado como xornada final da semana haberá actividades en sesión de mañá e tarde, comezando pola I marcha ciclista de Conxo, continuando coa actuación do contacontos Migallas e xa na tarde celebrándose o VI torneo de xadrez e acabando con un fin de festa con xogos, música e entrega de premios.

Documentos relacionados



Compartir: