PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Concellería de Promoción Económica imparte cursos para mellorar as habilidades sociais dos desempregados

16/09/2005 Os cursos comezan o 19 de setembro e van dirixidos aos participantes do Proxecto Crear. Quince dos setenta e cinco participantes no proxecto xa atoparon traballo grazas a intermediación de titores expertos en inserción laboral.

Un psicólogo experto en recursos humáns e selección de persoal impartirá entre o 19 e 21 de setembro o primeiro dos cursos do Proxecto Crear, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica, que teñen como obxectivo dotar aos desempregados de ferramentas eficaces na búsqueda de emprego. Este primeiro curso mostrará aos asistentes os instrumentos e as técnicas que se empregan na búsqueda de emprego.

Ao longo de setembro e outubro impartiranse outros cinco cursos, destinados a complementar a formación dos participantes no Crear. Os asistentes aprenderán a manexar instrumentos que hoxe son necesarios para conseguir un traballo, como a redacción eficaz dunha carta de presentación e dun currículum vitae, a actitude que hai que ter nunha entrevista de traballo, ou o xeito de facer unha presentación convincente dun proxecto. Tamén se impartirán un curso de inglés e outro de informática.
PROXECTO CREAR

O Proxecto Crear é unha iniciativa experimental en materia de emprego que ten como obxectivo conseguir a inserción laboral dos desempregados grazas ao traballo persoalizado de titores sobre un grupo determinado de participantes, composto por setenta e cinco persoas desempregadas. Conta cun orzamento de 114.562 euros, aportados pola Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

Trátase dunha iniciativa do departamento dirixido por Xosé Manuel Iglesias, que este ano realízase por segundo ano consecutivo. Na súa primeira edición, celebrada entre agosto e decembro do 2004, logrouse a inserción laboral de trinta e tres persoas, dezasete mulleres e dezaseis homes. Nesta ocasión, grazas a experiencia obtida o ano pasado, agradase superar esta cifra.

Nos dous primeiros meses de traballo efectivo dos titores cos participantes no Proxecto logrouse a inserción laboral de quince persoas, doce mulleres e tres homes. É un bo dato, sobre todo se se ten en conta que xullo e agosto son dous meses nos que baixa o número de contratacións. Polo momento, os titores do Crear teñen enviado un total de 268 curriculum vitae a múltiples empresas, de Santiago e de toda España.

Compartir: