ALCALDÍA

O alcalde amosa o seu apoio ao congreso que a Federación de Pensionistas e Xubilados celebrará na cidade

03/09/2008 O evento terá lugar os vindeiros 6, 7 e 8 de outubro e está organizado pola Federación Territorial de Pensionistas e Xubilados de Galicia-UDP (Unión Democrática de Pensionistas).

Dous dos seus membros, José Rodríguez González, da delegación de Santiago, e María Luísa Ansorena Hortega, presidenta da federación galega, foron recibidos polo rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. En nome do Concello, o alcalde manifestou o seu respaldo a esta cita e o apoio da institución municipal para o que se considere oportuno.

A Federación Territorial de Asociación Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia comezou a súa actividade en xuño de 1994 e dende entón estiveron traballando en prol do benestar dos maiores en Galicia. Ao longo dos anos, a Federación foi medrando constantemente en número de afiliados, chegando na actualidade a preto de 19.000 socios en 33 asociacións locais no territorio de Galicia.

Compartir: