CEMITERIOS

Santiago xa ten tanatorio

15/09/2005 O alcalde de Santiago de Compostela inaugurou o xoves 14 de setembro o novo tanatorio co que contará Santiago a partir de agora, situado ao lado do cemiterio de Boisaca.

O presidente de Trapsa, Gerardo Díaz Ferrán e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inauguraron o novo tanatorio de Santiago. Bugallo, tras felicitar ao arquitecto, Alfredo Varela, ao empresa constructora, Rosaleda, e á empresa concesionaria do servizo, Trapsa, sinalou que, coa inauguración do edificio queda saldada a débeda cos composteláns, posto que na nosa cidade "necesitaba un tanatorio dacordo coas súas capacidades". Tras facer alusión ás dificultades que houbo que superar ata conseguir a adquisición de terreos, congratulouse pola finalización da obra, que calificou de "moi funcional", destacando o "extraordinario" aproveitamento da luz exterior e o amplo xardín, que, na súa opinión, contribúe a darlle "dignidade" e axuda a crear un ambiente de relaxación.

Se ben o tanatorio ten unha capacidade para 200 vehículos, está previsto ampliar as prazas de aparcamento na seguinte fase de ampliación do cemiterio de Boisaca, segundo sinalou Bugallo.

Sete túmulos funerarios, forno crematorio, unha sala para autopsias e outras dúas para tanatoestética e tanatoplastia, capela, cafetería e floristería son as principais dependencias coas que conta o recinto, ideado polo arquitecto Alfredo Varela, quen destacou a utilización da luz natural para iluminar os espazos, "incluso os túmulos".

Outra das características destacábeis da nova instalación municipal é a trasparencia total, lograda co emprego dun vidrio contínuo entre a zona de estar e os xardíns que rodean o edificio, o que dá unha sensación de "grande peceira". Varela destacou tamén o emprego de materiais nobres como a madeira de bengué e da inexistencia de barreiras arquitectónicas, así coo o xogo de luces ascendente do interior da capela, que axudan a crear un ambiente distendido.

Compartir: