CONSORCIO

O antigo Banco de España xa é propiedade do Consorcio de Santiago

28/07/2008 O Consorcio de Santiago pasou a ser titular do edificio do Banco de España tras a sinatura de formalización ante notario na sede do organismo interadministrativo. No acto estiveron presentes o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o delegado especial de Economía e Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, Emilio Vázquez Salgado, en representación do Estado.

A cesión levouse a cabo en virtude do protocolo de colaboración celebrado o 27 de decembro de 2007, polo que se establecía que a achega do Estado ao Consorcio para 2008 sería de case 12 millóns e medio de euros, dos que 4.292.367 euros corresponden a tasación do edicificio como aportación en especie.

A actual rehabilitación do inmoble situado na Praza de Praterías corre a cargo do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, que redactou o proxecto de remodelación do edificio co obxecto de convertelo en Museo da Cidade. A implicación do Consorcio foi decisiva para lograr confluír nun mesmo proxecto a idea municipal de converter o antigo Banco de España en Museo e a súa relación coa mellora e posta en valor do Museo das Peregrinacións.

Compartir: