MEDIO AMBIENTE

Novo contrato de mantemento para o parque de Brandía

22/07/2008 O Goberno local deu o visto bo ao proxecto de contratación do Servizo de conservación de mantemento do parque de Brandía, cun tipo de licitación de 55.849 euros. Estímase un tempo de dous meses e medio como o necesario para adxudicar este servizo.

Mentres non se adxudica o novo contrato, a Xunta de Goberno acordou que a empresa Aspas Emprego siga prestando o servizo durante dous meses e medios máis, por un importe de 11.441 euros.

Tamén en Medio Ambiente, adxudicouse a redacción do Proxecto de rexeneración do Monte de Díos, por 12.000 euros, e deuse conta da adxudicación da explotación do bar-cafetería da Granxa do Sexto por un ano, a contar dende o 15 de xullo de 2008, abonando un canon de 4.000 euros ao iniciar a explotación, así coma un 7% dobre os ingresos de prezos do servizo a aboar trimestralmente.

Conca do Aríns
En materia de saneamento, adxudicouse provisionalmente a contratación da redacción do proxecto construtivo, dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das obras de saneamento da conca de Aríns. Trátase da segunda fase dos colectores secundarios. O custo deste servizo establécese en 38.793 euros.

Compartir: