FERRADURA ABERTA

Case 7.000 rapaces participaron nas primeiras catro xornadas de Ferradura Aberta

18/07/2008 Nos catro primeiros días de Ferradura Aberta 2008, pasaron pola Alameda 6.805 nenos. Isto deixa unha media diaria de 1.700 participantes.

Do total de rapaces, o tramo de idade con maior participación son os de 2 a 5 anos, seguido dos de 8 anos. As actividades continuarán ata o 24 de xullo.

O programa inclúe variados obradoiros para aprender e facer: cestería, construción de xogos e xoguetes, encadernación e papiroflexia. Ademais, os que o desexe, poden subir no tren turístico para facer un orixinal paseo pola Alameda e os seus espazos máis característicos.

Na Alameda tamén hai un espazo xoven deportivo, no que os participantes poden perfeccionar as habilidades nuns deportes e iniciarse noutros máis novidosos: xadrez e xogos de mesa, tiro con arco, esgrima, tenis de mesa e loitas olímpicas. Ademais, teñen a oportunidade de amosar a súa destreza aos mandos das consolas Wii.

Para os máis cativos, de 2 a 5 anos, preparouse un espazo lúdico con materiais e xoguetes axeitados, ademais dun obradoiro de plástica e dun parque infantil de tráfico.

As actividades complétanse con dúas festas infantís os días 23 e 24 de xullo, coincidindo cos dous últimos días de actividades. Estas festas para os máis pequenos terán talleres de hip hop e rap, actuacións do propios rapaces, discoteca infantil, inchables e unha merenda final.

Os pais que vaian cos seus fillos tamén contan cu un lugar. Alí coñecen as actividades propostas, conversan con outros pais ou simplemente descansan nun lugar privilexiado da cidade.

Compartir: