ALCALDÍA

Nova mostra surrealista na Fundación Granell

16/07/2008 Na Fundación Granell, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición Susana Wald e Ludwing Zeller: diálogo.

Esta mostra reúne obras destes dous destacados artistas surrealistas e unha selección da súa obra conxunta. Entre as exhibidas estarán algunhas das obras propiedade da Fundación Granell.

O artista plástico, editor e poeta chileno Ludwig Zeller é fundamental coñecido polos seus collages, tanto polos que combinan branco e negro como por aqueles me mesturan diversos materiais modernos.

Pola súa parte, Susana Wald, nada en Budapest (Hungría) e residente en Oxaca (México) ten unha ampla colección de pintura, na que destaca unha dedicada a monumentalizar a forma primixenia do ovo.

Estes dous artistas xa expuxeron as súas obras en Estados Unidos, Francia e Canadá. A mostra permanecerá na Fundación Granel (Pazo de Bendaña) ata o 15 de setembro.

Compartir: