CONSORCIO

Unha nova publicación indaga na historiografía artística galega

16/07/2008 O Consorcio de Santiago presentou na Catedral o libro "El manuscrito de fray Bernardo Foyo y el plano de fray Plácido Caamiña ", de Paula Pita Galán, baseado nun manuscrito do século XVIII.

"El manuscrito de fray Bernardo Foyo y el plano de fray Plácido Caamiña" é unha publicación comentada do "Ensayo de Disertación Histórica sobre la Iglesia de Santiago". O volume recolle o estudo da obra dende o seu contexto histórico, a biografía dos autores, as fontes e o plano de Caamiña, así como un nutrido apéndice gráfico e a edición anotada do texto, e o facsímile da mesma.

Ademais, o libro ofrece a posibilidade de acceder a este manuscrito do século XVIII, de fermosa factura, e abre as portas dun campo apenas investigado en Galicia: o da propia historiografía artística galega.

Asistiron ao acto o deán e director do Arquivo da Catedral de Santiago, José María Díaz; a autora, Paula Pita Galán, e o director xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva.

Compartir: