MOBILIDADE

O Goberno municipal referenda as limitacións de velocidade nas rúas da cidade

14/07/2008 O Goberno local aprobou as delimitacións de velocidade para circulación de vehículos nas rúas da cidade. Esta medida é o paso previo ao estudo de determinación dos itinerarios e zonas de circulación de bicicletas.

Este estudo contemplará aspectos como a sinalización, as vías restrinxidas ás bicicletas, a normativa de uso, as obras a realizar en caso necesario ou os trámites cos titulares das vías que resulten afectadas pola circulación das bicicletas.

Segundo indicou a concelleira de Mobilidade, Marta Álvarez-Santullano, estas delimitacións "veñen a reflectir o que está vixente actualmente", se ben indicou que se procederá a "reforzar a sinalización nalgunhas rúas".

As delimitacións quedan como seguen:

ZONAS E RÚAS CON LÍMITE DE VELOCIDADE A 10 KM/H:
Rúa das Trompas.

ZONAS E RÚAS CON LÍMITE DE VELOCIDADE A 20 KM/H:
Zona Monumental, delimitada polas rúas:
Virxe da Cerca- Rodas- San Roque- Avda.. Xoan XXIII- Costa de San Francisco- Entrerríos- Galeras- Pombal- Campo da Estrela- Senra- Fonte de San Antonio.
Avda. Xoán XXIII (tramo Avda.Burgo-Rúa San Francisco)- Estila- Xazmins- Hospitalillo- Loureiros.
Costa de San Francisco-Trinidade-Carretas- Hortas.
Rúa de San Pedro.
Berna- Atenas- Praga.

ZONAS E RÚAS CON LÍMITE DE VELOCIDADE A 30 KM/H:
Virxe Cerca- Rúa Rodas- Senra- Avda. Figueroa- Pombal- Garcia Sabell.
Pelamios- Rúa Morón- Castiñeiros- Vista Alegre- Carballo Calero- Campus Norte.
- Avda. do Burgo- Galeras- Tras Cuartel de Santa Isabel.
Costa de Santa Isabel- Casas Novas- Granxa do Xesto.
Avda. Coimbra- San Roque- Basquiños- Anxel Casal.
Avda. Xoán XXIII (dende Avda. do Burgo á Praza da Paz), sentido saida cidade.
Valle Inclán- Rosario- Bonaval.
Concheiros- Rúa das Fontiñas- Rúa de Berlín- Londres- Lisboa (tramo Dublín-Carril servicio Periférico)- Viena- Madrid- París- Roma- Moscova. Fontiñas.
Gaiás- Diego Bernal- Ponte de Sar- Sar de Afora- Castrón D’Ouro- Patio de Madres- Santiago de Guayaquil.
Bernardo Barreiro- López Ferreiro- Domingo Fontán- Eduardo Pondal - Curros Enríquez- Ramòn Piñeiro- Santiago de Guayaquil- Laverde Ruíz- Pitelos- Sar.
Hórreo (tramoAvda. Lugo-Estación Ferrocarril a Praza de Galicia)- Praza de Galicia- Xoán Carlos I- Montero Ríos- Dr. Teixeiro- Xeral Pardiñas- Rosalía de Castro (dende Xoán Carlos I a Praza de Vigo)- San Pedro de Mezonzo- Ramón Cabanillas- Praza Roxa- Praza Dr. Ponte Castro- Rúa Nova de Abaixo- Rosaleda- Santiago del Lestero- Frei Rosendo Salvado(tramo Praza Roxa- Santiago de Chile)- Praza de Vigo- República Arxentina- San Pedro de Mezonzo (tramo A Rosa-Praza Roxa)- Fernando III O Santo- Ensanche.
Avda. de A Coruña- Avda. das Ciencias- Jenaro da Fonte- Lope Gómez de Marzoa- Avda. das Burgas- Suárez Núñez- Angel Jorge Echeverri- Avda. Vigo- Campus Sur.
San Lourenzo- Poza de Bar.

ZONAS E RÚAS CON LÍMITE DE VELOCIDADE A 40 KM/H:
Salvadas- Avda. Castelao (tramo Rúa Vista Alegre- Avda. do Burgo)- Avda. Xoán XXIII, dende Avda. do Burgo á Praza da Paz, sentido de entrada a cidade.

ZONAS E RÚAS CON LÍMITE DE VELOCIDADE A 50 KM/H:
Estrada de Santa Comba- Romaño- Estrada de A Coruña- Avda. Rodiguez Viguri- Avda. do Camiño Francés ( dende Rodríguez de Viguri ata cruce Rúa de Fontiñas)- Avda. de Lugo- Hórreo (tramo Avda. de Lugo- Rotonda de Galuresa- Ponte Pedriña)- Clara Blanco Amor- Avda. Romero Donallo- Amor Ruibal- Paxonal (antiga estrada de Ourense)- Avda. Mestre Mateo- Avda. Mestra Victoria Miguez- Rosalia de Castro (antiga estrada de Pontevedra)- Choupana- Torrente.

Os límites de velocidade estenderanse ás rúas dos percorridos e ás dos contornos recollidos nesta relación e poderán modificarse se as circunstancias do tráfico o requiren. Nas zonas non incluídas ou en vías de nova incorporación ao viario municipal limitarase a velocidade dependendo das súas características e das condicións do tráfico.

Compartir: