URBANISMO

O proxecto SUITE terá un sistema mixto de xestión

14/07/2008 A Xunta de Goberno tomou conta do sistema de xestión e financiamento da rede temática SUITE. Este sistema mixto fora acordado polo xefe de fila (Santiago) e polos socios do proxecto na súa primeira fase (Hamburgo, Medway, Nantes e Siemianowice) na xuntanza mantida na cidade os días 26 e 27 de xuño.

Este sistema implica que o Concello de Santiago xestiona os ingresos propios e os comúns do proxecto. Cada socio será responsable de xustificar os seus gastos a través da aplicación informática que se establecerá ao efecto, e o Concello recibirá as certificacións previamente validadas polos axentes certificadores de cada uno dos socios. Santiago encargarase de enviar a xustificación da totalidade dos gastos na primeira fase do proxecto, de seis meses de duración.

Cómpre lembrar que Santiago foi escollida pola Unión Europea para liderar este proxecto SUITE The Housing Project "A vivenda: un factor para a inclusión social e urbana e para a calidade de vida nas cidades". A candidatura compostelá foi seleccionada entre máis de 60 e supón un recoñecemento a nivel internacional da xestión urbanística levada a cabo polo Concello, en especial nos últimos oito anos.

Documentos relacionados



Compartir: