LIMPEZA

Urbaser estrea 34 novos vehículos

13/09/2005 Os vehículos, que se presentaron o martes 13 na praza do Obradoiro, supuxeron un investimento de 7 millóns de euros.

Se ben se conservarán unha parte dos actuais, Urbaser renova con estes vehículos a súa flota para este outono:

•unha moto-caca, para a recollida de excrementos de cans.
•unha varredora, unha baldeadora e unha varredora aspiradora de beirarrúas e zonas estreitas
•dous vehículos eléctricos
•unha fregadora
•unha varredora de viais
•un camión basculante con grúa autocargadora e plataforma traseira e catro con tapas superiores practicábeis
•un vehículo punto limpo móbil para a recollida de residuos sólidos urbanos
•dúas cisternas de rego e baldeo de 8.000 litros de capacidade
•cinco camións recolectores compactadores de carga traseira e outro de carga lateral
•dous camións compactadores de residuos
•un camión mono operador de carga lateral
•un camión portacontedores basculante con grúa autocarga
•tres furgonetas de vixilancia
•unha furgoneta pilas
•un furgón equipado con máquina de alta presión hidrolimpadora
•un furgón equipado con cesta para pintadas e herbas
•dous furgóns de mantemento (lixo e contedores)
•un turismo híbrido para inspección técnica municipal

Compartir: