ALCALDÍA

A nova depuradora da Silvouta podería licitarse en outubro

09/07/2008 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Madrid coa ministra de Medio Ambiente, Elena Salgado, que lle explicou que o anteproxecto da nova depuradora de A Silvouta, que custará uns 56 millóns de euros, está entregado. A depuradora podería licitarse a finais de ano se queda exenta da declaración de impacto ambiental.

Para que se inicie a construción da nova depuradora, o proxecto e máis a expropiación dos terreos onde se construirá -que abarcará unhas dez hectáreas- ha de saír a exposición pública.

A continuación, solicitarase que o proxecto quede exento da declaración de impacto ambiental, xa que a actual estación non ten capacidade abonda para tratar todas as augas residuais que proceden de Santiago. Tendo en conta estes factores, as obras de construción poderían saír a concurso en outubro ou novembro deste ano, segundo o alcalde.

Na actualidade, están en marcha as obras da primeira fase dos colectores, entre San Lázaro e Pontepedriña. A segunda fase das obras, entre San Lázaro e A Silvouta, está xa adxudicada. Prevese que comecen en setembro.

Compartir: