EDUCACIÓN

Os colexios de Santiago inician o curso escolar

12/09/2005 O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño xunto á conselleira de Educación, Laura Sánchez, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, inauguraron o inicio do curso escolar no colexio compostelán Lamas de Abade.

O colexio Lamas de Abade de Santiago foi o escollido para dar conta do inicio deste curso escolar, o luns 12 de setembro. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, acompañado pola conselleira de Educació, Laura Sánchez e o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, visitaron as instalacións deste colexio de primaria, departiron cos seus mestres e cos nenos, aos que entregou libros de texto.

De seguido, a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, continuou o percorrido por varios dos IES composteláns onde comezaban de novo as clases, visitando os IES Lamas de Abade, Pío XII, Roxos-Villestro, Apóstolo Santiago e a Escola Municipal de Música.

Compartir: