MOCIDADE

Sinestesia e GS21 gañan na última xornada do I Certame "MúsicaXove"

28/06/2008 A música pop e os ritmos folk invadiron o venres 27 de xuño a Sala Capitol, onde centos de persoas asistiron ás dúas últimas finais da primeira edición do certame MúsicaXove´08.

Catro grupos de pop, tres orixinarios de Santiago (Sinestesia, Snatch e Dirty Socks) e unha última banda formada por un cuarteto feminino de Boiro, Agoraphobia, empregaron as súas mellores armas enriba do escenario para facerse co triunfo final. Pero o afortunado da noite na modalidade de pop foi Sinestesia, que recibiu 2.000 euros de premio.

En cambio, na categoría de autor-folk participaron dúas agrupacións, Loba Loo e GS21. Despois de deleitar ao público cos seus sons tradicionais e a merecida ovación, chegou o momento de coñecer o veredicto do xurado, que proclamou a GS21 como gañador no apartado de folk.

Sinestesia e GS21 gravarán xunto con Thinking Twice e Pa La Peña un CD recopilatorio do certame e participarán nas Festas do Apóstolo, o día 31 de xullo.

Compartir: