O alcalde de Santiago será o Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo

28/06/2008 O Rei Juan Carlos designou ao alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, como Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo, na Catedral de Santiago.

É a terceira ocasión na que Xosé A. Sánchez Bugallo como alcalde de Santiago oficiará de Delegado Rexio nos actos da ofrenda do Apóstolo do 25 de xullo, función que xa desempeñou en 2001 e 2005. O alcalde compostelán amosouse "agradecido e honrado" por esta mostra de confianza por parte do Rei.

Nos últimos anos, desde 1999, S. M. El Rey Don Juan Carlos I realizou a Ofrenda en dúas ocasións, 1999 e no 2004, ambos Anos Xubilares; o ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, oficiou a Ofrenda no ano 2000; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, nos anos 2001 e 2005; a Infanta Cristina foi Delegada Rexia no ano 2002; o ex presidente do Parlamento, José María García Leira, no ano 2003; en 2006 o oferente real foi o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. A última delegada rexia foi a a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino.

Compartir: