ALCALDÍA

Santiago Carrillo na Casa do Concello

08/09/2005 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o xoves 8 de setembro a visita de Santiago Carrillo, ex secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE), que se atopa en Galicia debido á homenaxe que recibirá o venres 9 en Ferrol, organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán e a Fundación 10 de Marzo de CC.OO.

Ao remate do seu encontro co mandatario compostelán, Santiago Carrillo sinalou que foi unha entrevista "moi cordial" e "simpática", na que conversaron, entre outros temas, das "esperanzas" que se abren en Galicia tras o cambio político experimento tras as eleccións do 19 de xuño.

Compartir: