MOCIDADE

O club de rol do Centro Sociocultural do Ensanche comeza a funcionar con partidas e obradoiros sobre o xogo

26/06/2008 O concelleiro de Mocidade, Xosé Baqueiro, anuciou que o venres 27 constituirase no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche o Club de Rol.

Segundo explicou Baqueiro ralizaranse actividades todas as fins de semana, e xa comezarán a impartirse obradoiros para o ensino das regras do xogo de rol e talleres para a elaboración das pezas e figuras indispensables para xogar unha partida. Tamén se contactará cos pais dos rapaces xogadores para mostrarlles en que consiste esta actividade lúdica.

A partir desta mesma fin de semana haberá unha partida de rol, o venres das 17:00 ás 21:30 horas, e os sábados en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas, no Centro Sociocultural e na Praza Roxa.

A inscrición no clube é de balde e permite participar en calquera das actividades organizadas, o uso responsable do material, buzón de suxerencias no que opinar e votar o fondo de películas, xogos e a periodicidade de torneos e obradoiros.

Compartir: