CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais de Santiago organizan unha viaxe a Cantabria

08/09/2005 A Rede de Centros Socioculturais de Santiago programa para os días 9, 10 e 11 de setembro unha viaxe por Cantabria destinada a familias con nenos pequenos e adolescentes.

A viaxe inclúe unha visita á cidade de Santander, a península da Magdalena, paseo en barco pola baía, o parque da natureza de Cabárceno, o pobo de Santillana do Mar e o museo e neocueva de Altamira.

A saída está programada para o venres 9 de setembro, mentres que o regreso será o domingo 11 arredor das 11 da noite. Esta viaxe forma parte dun programa que comenzou fai un par de anos, visitando en outras ocasións a cidade de Madrid e o parque da Warner Bros, a Costa Dourada, o parque temático de Port Aventura e a cidade de Barcelona.

Máis información: CSC de Vite (Teléfono 981 54 31 78).

Compartir: