PLENO

Olga Pedreira tomou posesión como concelleira

26/06/2008 A nova concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, tomou posesión da súa acta de concelleira no Pleno Municipal. A numero 5 nas listas do BNG nas últimas eleccións municipais ocupa a vacante deixada por Néstor Rego tras a súa renuncia.

Olga Pedreira Ferreño participa por primeira vez no Goberno municipal. Licenciada en Dereito pola USC, esta veciña de Outeiro de Sar viña traballando como avogada con despacho aberto en Santiago de Compostela e Cee. Está especializada no campo mercantil e laboral.

Compartir: