CULTURA

Inaugúrase exposición "Fotógrafos Insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo"

25/06/2008 A exposición Fotógrafos Insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo, inaugurarase martes 1 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio de Galicia. A Concellería de Cultura tiña previsto inaugurar esta mostra o 18 de xuño, pero problemas de transporte das pezas da mostra, provocados polo conflicto do transporte obrigaron a adiar a inauguración.

A exposición Fotografos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo, producida por La Fábrica, ten préstamos de importantes museos e galerías internacionais. Está formada por fotografías feitas por personaxes coñecidos polo seu traballo, pero que non son fotógrafos profesionais. Entre outras, poderemos ver imaxes tomadas por Pedro Almodóvar, Jeff Bridges, Jean Cocteau, Richard Gere, Pablo Picasso, Emile Zola ou Lou Reed. Fotografiados tantas veces pasan a ser fotógrafos, celebridades detrás do obxectivo, para amosarnos visións de diferentes momentos da súa vida.

A mostra permanecerá aberta na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia dende o día da inauguración, 1 de xullo, ata o 14 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Compartir: