ALCALDÍA

Cambio na xefatura do Aeródromo Militar de Lavacolla

24/06/2008 O ata agora coronel xefe do Aeródromo Militar de Lavacolla, Miguel Pérez Herrero cambia de destino despois de catro anos en Santiago. Por este motivo acudiu a Raxoi para despedirse do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Pérez Herrero declarouse moi satisfeito do seu paso polo aeródromo compostelán e do trato dispensado pola cidade. Substitúeo no cargo Eduardo Canelada Sánchez, que tamén acudiu á recepción municipal.

Compartir: