EDUCACIÓN

Trescentos cincuenta músicos participarán no I Encontro Galego de Escolas Municipais de Música

19/06/2008 As prazas do Toural e de Praterías reunirán o sábado 21 de xuño a 14 agrupacións e 350 músicos no I Encontro Galego de Escolas Municipais de Música. Con motivo da celebración do Día Internacional da Música celébrase este encontro, que traerá unha ampla e diversa oferta musical.

A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou este evento, que comezará na praza das Praterías ás 12:00 horas, cando as primeiras escolas interpretarán pezas clásicas e modernas. A música seguirá ás 13:00 horas no Toural, e, xa pola tarde, ás 17:00 horas, novamente en Praterías, e ás 18.00 horas no Toural. Ás 19:00 horas celebrarase o acto de clausura, no que unha agrupación de todas as escolas preparada para a ocasión interpretará a Antiga Marcha do Reino de Galicia, a Oda á alegría de Beethoven e o "Cha-cha-cha" da Brasiliana de J. V. Roost.

Neste encontro participan as escolas municipais de música de Ribadeo, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Valga, Vigo e Santiago de Compostela.

Compartir: