MERCADOS

Unha nova campaña anima aos composteláns a mercar no Mercado de Abastos

19/06/2008 O concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, e a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey, presentaron a campaña Apúntate ao fresquing, coa que se pretende animar aos composteláns a acudir a este tradicional mercado compostelán. Trátase tamén de promover a imaxe da Praza como lugar idóneo para comprar produtos frescos.

En palabras de Marta Rey, Fresquing é o lema co que se quere identificar a aquelas persoas que mercan produtos frescos, e o mellor lugar para iso é o Mercado de Abastos, tanto presencialmente a través de Internet. Os que merquen durante a campaña recibirán boletos para participar nun sorteo que se celebrará 17 de xullo. No mesmo regalarase un fondo mensual de seis meses en forma de vales de 250 euros de valor. Tamén se sortearán vales de 50 euros.

Pola súa parte, o concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, expresou o seu desexo de que esta campaña anime á xente a acudir á Praza. Segundo dixo, é unha boa maneira de fomentar o consumo e de consolidar ao Mercado de Abastos nunha referencia nas compras diarias dos composteláns.

Documentos relacionados



Compartir: