ALCALDÍA

Un achegamento didáctico ao Alzheimer

18/06/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición Xente "de mente". A mostra, organizada pola Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA), estará no Centro de Maiores da Obra Social Caixa Galicia ata o 30 de xuño.

Esta exposición amosa, mediante paneis explicativos e interactivos, a realidade desta enfermidade e como afecta aos que a padecen. Está previsto que sexa visitada por diversos grupos de Santiago e da comarca, guiados por un especialista de AGADEA.

Compartir: