EDUCACIÓN

Os nenos da Escola Infantil de Conxo expoñen o seu labor artístico

13/06/2008 Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre. Estará aberta ata o 25 de xuño.

Nesta pequena exposición recóllese unha selección de fotos inspiradas nos traballos de Andy Warhol. Para a súa elaboración, os nenos fotografaron obxectos, persoas e lugares do contorno que lle resultaron de interese. Os que visiten a mostra poderán así mergullarse nun espazo subxectivo de cor e sentimento dende unha ollada infantil.

Compartir: