TRANSPORTES

Sánchez Bugallo inaugurou as III Xornadas Técnicas sobre o Transporte Metropolitano

12/06/2008 Xusto despois de chegar de Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, desprazouse ata o hotel NH Obradoiro para inaugurar as III Xornadas Técnicas sobre o Transporte Metropolitano.

Estas xornadas celébranse os días 12 e 13 de xuño baixo o lema "Os consorcios de transporte, o novo escenario". Participan diversos especialistas e cargos de responsabilidade neste ámbito, que tratarán cuestións coma o transporte metropolitano en distintos ámbitos: o transporte metropolitano como unha nova realidade, a posta en común dos distintos puntos de vista das administracións locais, autonómicas e os operadores; o estudo dos distintos consorcios que xa funcionan no resto da xeografía española ou as melloras tecnolóxicas.

En Santiago reúnense máis de 80 persoas en representación dos distintos axentes implicados no sector do transporte de Galicia: técnicos das administracións locais e autonómica, representantes políticos das dúas administracións, operadores de transporte urbano e de liñas regulares, empresas consultoras, etc.

Compartir: