ALCALDÍA

O alcalde consegue en Madrid que Fomento revise a entrada do AVE na cidade

12/06/2008 O alcalde reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Planificación e Relacións Institucionais de Fomento, Víctor Morlán, que estivo acompañado pola directora xeral de Relacións Institucionais, María Teresa Rodríguez Barahona. No encontro, o alcalde trasladoulle ao secretario o documento coas alegacións formuladas polo Concello ao anteproxecto do Ministerio de Fomento que atinxe á entrada do AVE en Santiago polo do Castiñeiriño. Segundo sinalou o alcalde, é este un barrio que evolucionou considerablemente dende que se iniciou o proceso de redacción do proxecto, polo que as novas infraestruturas e viais fixeron cambiar a situación da zona.

O alcalde explicoulle ao responsable de Fomento que as fotografías aéreas tomadas nas que se basea o proxecto de Adif non conteñen información actualizada da zona, polo que Morlán se comprometeu a visitar o Castiñeiriño na primeira quincena de xullo para comprobar como é a situación do barrio e como lle afectaría a entrada do AVE, polo que é probable que se redefina a redacción do proxecto de execución. Esta "aptitude receptiva" por parte de Fomento, sinalou Bugallo, é "moi positiva", polo que amosou a súa satisfacción.

Doutra banda, Sánchez Bugallo informou a Morlán da súa visión sobre a definición do proxecto da estación do AVE de Adif, e este comprometeuse a facer as xestións oportunas para axilizar as negociacións.

Compartir: