MEDIO AMBIENTE

Sorteo das hortas municipais do Parque de Belvís

10/06/2008 O mécores 11 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural da Trisca, sortearanse publicamente as hortas de Belvís logo de que unha comisión, presidida por Elvira Cienfuegos, avaliara todas as solicitudes.

Do conxunto de hortas, 16 parcelas foron adxudicadas directamente, xa que eran 16 as persoas que cumprían os requisitos primordiais: estar xubilado e vivir na zona de Belvís. Así, quedaron 13 hortas a sortear entre os 23 solicitantes que, sen estar xubilados, tamén viven no ámbito de actuación. Este sorteo farase de modo público, polo que todos os solicitantes poderán estar presentes. Os 10 que non teñan sorte uniranse aos 13 solicitantes que non cumprían ningún dos requisitos e formarase unha lista de agarda de 29 persoas.

As hortas de Belvís
As hortas municipais do Parque de Belvís son unhas parcelas duns 60 metros cadrados cada unha e preparadas para a súa explotación hortícola mediante prácticas agrícolas ecolóxicas ou, cando menos, tradicionais. O Concello cede o uso destas hortas á veciñanza nos termos en que se establece nunha Ordenanza Municipal específica. Todos os veciños de Compostela poden acceder a estas parcelas atendendo ás seguintes solicitudes de preferencia:

• Persoas xubiladas e prexubiladas que residen na contorna do parque.
• Persoas xubiladas e prexubiladas doutras zonas da cidade.
• Resto de cidadáns.

No caso de haber máis solicitudes que parcelas dentro dun mesmo grupo dos que se veñen de nomear, farase un sorteo, que é este caso.

Compartir: